Fantoches BAJ
INICIO  

CONTACTO  

Zampón, o lambón

É este un espectáculo con música en directo no que se misturan actores con figuras grandes e títeres para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo.

Sinopse:

O xigante Zampón rouba a palabra foliada dos soños dos nenos de Ledicia. O investigador Brais Buscamáis e Chispín de Lalín, músico da banda que se dirixía a ocar á festa de Ledicia, lanzaránse á procura do xigante. Mais antes de atopalo terán que superar algunhas probas. Finalmente lograrán entrar na casa de Zampón e adormecelo cunha palabra-somnífero. Unha vez durmido, Brais e Chispín ábrenlle o bandullo e consiguen recuperar a palabra roubada para o pobo de Ledicia.

Técnica:

Xigantes, cabezudos, títeres e actores.

Aquí tes a ficha completa do espectáculo.

 

Zampón, o lambón
Zampón, o lambón